Historia do galego de 1900 a 1975: substitución lingüística e normalización
Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 4,58 KB
Resumen
O documento describe a evolución do galego entre 1900 e 1975, desde a substitución progresiva polo castelán e a reivindicación das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos, ata a recuperación cultural tras a guerra e a ditadura. Tamén recolle o marco legal posterior á Constitución de 1978 e presenta un repaso de autores e correntes literarias do período.
Puntos clave
- Entre 1900 e 1936 o galego sigue perdendo terreo ante o castelán, aínda que é a lingua maioritaria da poboación.
- Durante a ditadura a substitución acentúase pola prohibición de lingua distinta do castelán, a educación obrigatoria en castelán, a industrialización, a urbanización e os medios de comunicación en castelán.
- En 1950 a fundación da editorial Galaxia axuda a recuperar autores exiliados ou silenciados e a integrar as novas xeracións.
- O Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981 recoñece o galego como lingua propia e establece a cooficialidade co castelán.
- A Lei de normalización lingüística de 1983 busca protexer e fomentar o galego para convertelo nunha lingua de uso normal.
- O proceso de normalización centrouse no ensino e na administración, deixando de lado ámbitos como o empresarial, o xudicial e o sanitario.
Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba
Historia do galego de 1900 a 1975
De 1900 a 1936 o galego continúa o proceso de substitución polo castelán, e o carácter e a inclinación da maioría da poboación contribúen a reforzar os prexuízos lingüísticos cara á lingua. As Irmandades da Fala, o Grupo Nós e o Seminario de Estudos Galegos reivindican o valor do galego, utilizándoo en todos os ámbitos e empregándoo en textos escritos literarios e non literarios, o que supón un importante salto cualitativo. Neste período o galego é a lingua maioritaria da poboación, pero segue afastada dos ámbitos de prestixio, reservados ao castelán.
Durante a ditadura
No período da ditadura, o proceso de substitución lingüística do galego polo castelán acentúase desde o punto de vista cuantitativo (penetración do castelán en todas as capas sociais): represión contra as linguas distintas do castelán; educación obrigatoria en castelán; industrialización e urbanización (éxodo á cidade) e medios de comunicación exclusivamente en castelán. A práctica en lingua galega vese interrompida durante a guerra e ao comezo da ditadura. A creación literaria tivo que continuar no exilio.
En 1950 o cultivo do galego comeza a recuperarse coa fundación da editorial Galaxia, que recupera autores exiliados ou silenciados desde 1936 e integra as novas xeracións xurdidas nos anos 50 e 60. A partir dos anos 60 xorden agrupacións que reivindican o uso do galego e o achegan á sociedade (cursos, etc.).
Transición democrática e autonomía
Os cambios que supuxo o fin da ditadura e a instauración da democracia en 1975: a Constitución española recoñece a pluralidade lingüística do Estado e abre o camiño á descentralización a través da organización en autonomías. En 1981 aprobase o Estatuto de Autonomía de Galicia (cooficialidade do galego e do castelán, recoñecemento do galego como lingua propia de Galicia) e en 1983 a Lei de normalización lingüística, que ten como obxectivo protexer e fomentar a lingua galega para convertela nunha lingua de uso normal.
O proceso de normalización en Galicia centrouse no ámbito do ensino e da administración, relegando outros ámbitos igualmente importantes, como o empresarial, o xudicial ou o sanitario; non foi sometido a unha organización e planificación previas.
Literatura
Roberto Vidal Bolaño, actor, dramaturgo e promotor do grupo Abrente e do Teatro de Aquí. Escribiu Laudamuco, señor de ningures, Bailadela da morte ditosa, Animaliños, Días sen gloria, Rastros e Saxo Tenor. A súa produción está caracterizada polo compromiso co país e a lingua, a experimentación estética e o diálogo coa tradición, tanto culta como popular, literaria e histórica, social e política.
Cabanillas, Risco e as Vangardas
Cabanillas: No desterro, Vento mareiro, A rosa de cen follas, Na noite estrelecida. Vicente Risco: Os inadaptados, O caso que lle aconteceu ao doutor Alveirós, A trabe de ouro, O xogo de pe. Otero Pedrayo: Arredor de si. Manuel Antonio (Vangardas): Dd 4 a 4, linguaxe experimental e renovadora, na que elimina a rima e a métrica. Rafael Dieste (Vangardas): Dos arquivos do tensón, contos nos que une o mundo da realidade co da fantasía. Luís Seoane: Fidel de exiliado, No brétema Santiago, O irlandés astrólogo. Eduardo Blanco Amor: Romances galegos, A smorga, Xente ao lonxe, Biosbordos.
Álvaro Cunqueiro e novas voces
Cunqueiro: Mar o norde, Poemas de sí e de non, Se o vello simbad volvese ás illas, Xente de aquí e acolá, Escola de mencioñeiros, Dona de corpo delgado, Herba aquí ou acolá, O incerto señor don Hélmet, príncipe de Dinamarca, A lús de candil, Historias que ninguén cre. Novas voces da narrativa: Xosé Neira Vilas; Xosé Luís Méndez Ferrín: Percival e outras historias.
Poesía
Nos anos 30, o inicio da recuperación poética vén marcado pola publicación de Cancioneiro de Mariña... (ver nota) Aquilino Iglesia Alvariño, Xosé María Díaz Castro, Luís Pimentel. Xeración dos 50: Uxío Novoneyra, Antón Avilés de Taramancos. Celso Emilio Ferreiro: liña social, liña intimista, liña irónica.
Preguntas frecuentes
Que foi a Editorial Galaxia?
Foi unha editorial fundada en 1950 que recuperou autores exiliados ou silenciados desde 1936 e integrou as novas xeracións dos anos 50 e 60.
Que determinou o Estatuto de Autonomía de 1981?
Recoñeceu o galego como lingua propia de Galicia e estableceu a cooficialidade do galego e do castelán.
Cal era o obxectivo da Lei de normalización lingüística de 1983?
Protexer e fomentar a lingua galega para convertela nunha lingua de uso normal.
Ponte a prueba
Tarjetas de repaso
Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.
Test
Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.