A Xeración Nós: Literatura, Ensaios e Galeguismo

Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,48 KB

A prosa do primeiro terzo do século XX: As Irmandades e o Grupo Nós

Toda xeración debe cumprir oito condicións:

  • Nacemento en anos pouco distantes.
  • Formación intelectual semellante.
  • Relacións persoais entre autores.
  • Participación en actos colectivos propios.
  • Existencia dun acontecemento xeracional que aglutine as vontades.
  • Presenza dun guía.
  • Linguaxe xeracional caracterizadora (trazos comúns de estilo).
  • Estancamento da xeración anterior.

A Xeración Nós

Vinculábase coa revista que lle deu nome. A revista Nós naceu en Ourense en 1920, supervisada por Risco. Nela colaboraron Otero Pedrayo, Cuevillas, Castelao, Cabanillas e outros autores máis novos como Cunqueiro ou Blanco Amor. Nós creouse para divulgar as ideas do grupo e espallar a idea nacionalista.

Algúns estudosos restrinxiron o concepto de xeración e delimitaron o Grupo Nós como o formado por literatos residentes en Ourense, nados entre 1880 e 1890, que evolucionaron dende un cosmopolitismo elitista a un galeguismo universal.

Desta maneira, o Grupo Nós estaría constituído polo chamado Cenáculo Ourensán, que comparte as seguintes características:

  • Formación universitaria.
  • Relacións estreitas entre os seus membros.
  • Creación da revista Nós.

Periodización da Xeración Nós

a) O pregaleguismo

O núcleo da xeración xurdiu na cidade de Ourense cara ao ano 1914. Características:

  • Procedían da clase acomodada.
  • Neste tempo estaban desvinculados da nosa cultura e do movemento nacionalista.
  • Os seus presupostos ideolóxicos e estéticos baseábanse na defensa do individualismo e na procura do exótico.

b) O galeguismo

En 1917, este grupo ten os primeiros contactos coas Irmandades da Fala:

  • Chegaron á convicción de que o camiño da universalidade pasaba, en primeiro lugar, pola asunción e coñecemento da propia cultura.
  • Co fin de romper co secular illamento de Galiza e de incorporala á Europa do seu tempo, desenvolveron un intenso labor político e cultural.

c) A etapa de posguerra

O estalido da guerra en 1936 supuxo o remate da actividade do grupo: Risco acabaría renunciando ás súas conviccións galeguistas, Pedrayo e Cuevillas víronse obrigados ao silencio intelectual e político, e Castelao tomou o camiño do exilio.