Literatura galega entre 1916 e 1936: Irmandades da Fala e Grupo Nós
Contexto Histórico-Social
Eventos internacionais e españois relevantes:
- I Guerra Mundial
- Revolución Rusa
- A Gran Depresión
- En España: perda das últimas colonias, reinado de Afonso XIII, ditadura de Primo de Rivera, II República, Guerra Civil.
Situación en Galicia:
- Decadencia da fidalguía e consolidación da burguesía.
- Continuación da emigración a América e cara ás cidades.
- Aparición do agrarismo (asociacionismo labrego para a redención dos foros e rematar co caciquismo).
- 1916: Fundación das Irmandades da Fala (xornal A Nosa Terra).
- 1918: 1ª Asemblea Nacionalista de Lugo (nacemento do nacionalismo).
- 1931: Fundación do Partido Galeguista (PG).
Narrativa (1916-1936)
Neste período nace e consolídase a narrativa contemporánea grazas ao pulo...