Rosalía de Castro, Pondal e Curros Enríquez: obras e temas da literatura galega
Follas Novas de Rosalía de Castro
Follas Novas iníciase cun prólogo en prosa e está composta por 137 poemas organizados en 5 libros: Vaguedás, Do íntimo, Varia, Da terra e As viúdas dos vivos e as viúdas dos mortos.
Podemos distinguir dous grupos temáticos:
- Poesía subxectiva
- Poesía obxectiva
Resulta un libro innovador non só pola súa temática, senón tamén pola gran liberdade e complexidade métrica. Rosalía escribe utilizando combinacións métricas ou diferentes estrofas.
Eduardo Pondal
Naceu en Ponteceso en 1835. A súa primeira publicación en galego leva por título A campana de Anllóns, no Álbum de la caridad.
Características principais
- Bardismo, celtismo e helenismo.
- Predominio da poesía de carácter épico.
- Poesía lírica