Lyndon B. Johnson (1963-1968): A Presidencia da Great Society
Lyndon B. Johnson (1963-1968) asumiu a presidencia tras ser o vicepresidente de Kennedy. Durante a administración deste, sentiuse minusvalorado. Johnson era orixinario do Sur, dunha familia moi humilde, e estudou maxisterio. Incorporouse á política nos anos 30, dentro da política de Roosevelt (encargado da disciplina de voto).
No ano 1964, Johnson presentouse ás eleccións e conseguiu unha vitoria arrolladora. Aproveitou esta vitoria para darlle máis profundidade aos programas que xa comezara a poñer en marcha cando asumiu a presidencia, co seu propio programa, The Great Society.
Tiña un gran compromiso coa causa racial (loita polos dereitos civís), como demostrou coas medidas...