Conceptos Económicos Fundamentais e a Crise de 1929
Conceptos Económicos Fundamentais
1. Padrón-ouro: É un sistema que establece o valor da moeda en relación cunha cantidade fixa de ouro. Ese ouro serve como base para os intercambios internacionais e como reserva monetaria dos países. Así, o valor da moeda dun país depende do ouro que teña.
2. Inflación: Descenso no valor do diñeiro debido á subida continuada dos prezos. Normalmente supón unha perda de poder adquisitivo, xa que os prezos suben pero os salarios non.
3. Deflación: É o descenso continuado dos prezos. Despois da I Guerra Mundial, os prezos baixaron porque había menos diñeiro, menos gasto e máis produtos dispoñibles.
4. Hiperinflación: Subida extrema e moi rápida dos prezos, na que o diñeiro perde case todo o seu...