Estándar do galego: normativización, etapas e interferencias lingüísticas
A Variedade Estándar e a Normativización
A variedade estándar é o modelo de lingua común identificada como normativa. É o rexistro formal empregado en ámbitos como a escola, os medios de comunicación e a Administración (calquera ámbito formal).
A normativización consiste no proceso de elaboración dunha variedade estándar dunha lingua, establecendo un código común para a comunidade cunha ortografía, gramática e dicionario definidos.
Tarefas da Normativización
As tarefas máis importantes son:
- Estandarización: Seleccionar a variedade estándar.
- Grafización: Definición da forma escrita correspondente á variedade oral.
- Modernización: Actualización da lingua para o seu uso en todos os ámbitos.
Etapas da Normativización do Galego
- Galego