Estrutura e Tipoloxía dos Textos Científicos e a Comunicación Administrativa en Galego
Os Textos Científicos: Tipoloxía e Función
Estes textos caracterízanse por tratar asuntos que xorden do coñecemento científico e da investigación, así como por utilizar unha linguaxe especializada que ten como obxectivo comunicar con rigor e precisión. Estes textos dividímolos en dúas grandes categorías:
Textos Especializados
Son escritos por especialistas e dirixidos a persoas con coñecementos amplos na materia que tratan. Exemplos disto son os artigos publicados en revistas científicas, en congresos ou manuais especializados.
Textos Divulgativos
Poden ser obra de especialistas ou de mediadores (por exemplo, xornalistas). Diríxense a receptores que non teñen por que ter coñecementos elevados dos temas que tratan. Destacamos artigos