O Conflito Lingüístico e a Diglosia en Galego

Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,94 KB

O Conflito Lingüístico e a Diglosia



As linguas son a base da vida en sociedades, polo que as súas dinámicas están absolutamente condicionadas por factores sociais. A Sociolingüística é a disciplina encargada de estudar o uso das linguas e analizar a relación destas no ámbito social. Cada comunidade humana ten unha única lingua propia.



O Conflito Lingüístico

O conflito lingüístico é a tensión que se produce entre dúas linguas dentro da mesma sociedade por asumir un maior número de funcións sociais. Unha situación de conflito pode perdurar durante moito tempo e acaba tendo dúas saídas antagónicas:

  • Substitución lingüística: consiste en abandonar a lingua propia da comunidade.
  • Normalización lingüística: consiste na recuperación de usos sociais para unha lingua que está en situación de subordinación.



A Diglosia

A diglosia prodúcese cando dentro dunha sociedade existen individuos que fan uso de dous idiomas, un adquirido pola transmisión lingüística da súa comunidade e outro doutro grupo lingüístico. O termo diglosia designa o contacto estable entre dúas linguas.



Os Prexuízos Lingüísticos



Os estereotipos son categorizacións que nos facilitan o proceso de comprensión do mundo que nos rodea. Os prexuízos xorden por un mal uso dos estereotipos, por dúas perversións:

  • Non recoñecer a existencia de excepcións.
  • Crer que os atributos son inherentes e non circunstanciais.



Os prexuízos son valoracións baseadas en ideas realizadas con descoñecemento do asunto que se xulga e que ten como consecuencia actitudes e comportamentos negativos. A marxinación que o galego viviu durante séculos provocou na sociedade un fondo de inferioridade chamado autoodio. Os prexuízos están moi estendidos e atinxen todas as linguas.



Evolución dos Prexuízos

Os prexuízos van evolucionando xunto á sociedade e podemos distinguir:



  1. Prexuízos vellos: debido a unha realidade histórica coñecida, nacieron prexuízos que cargaron aos nosos días. Podemos clasificalos en:
  • Prexuízos estéticos: que fan referencia á eufonía do idioma.
  • Prexuízos socioeconómicos: que atribúen un status en función da lingua.
  • Prexuízos socioculturais: que relacionan o uso do galego coa incultura.
Novos prexuízos: poden ser cara ao proceso de recuperación das linguas minorizadas, cara aos galegofalantes que se adaptan mal ao perfil social tradicional, sobre a propia competencia do falante para empregar o galego e cara á estandarización do idioma.