A lus do candil anxel fole resumen
Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,83 KB
6. A PROSA ENTRE 1936 E 1975
Anxel Fole (Realismo popular): Colaborou nas actividades do Partido Galeguista. Nos primeiros anos da posguerra viviu en varios lugares da provincia de Lugo, onde adquiriu un profundo coñecemento do mundo rural galego, feito que influirá na súa obra narrativa. Ánxel Fole só escribiu contos e as características destes son:
1. A Galicia rural é a protagonista, xa que o autor coñece con detalle á xente, os costumes, as condicións de vida, etc. 2. Toma como base a tradición narrativa popular oral (tanto nos temas, que poden ser lendas -por exemplo-, como nas técnicas, como as apelacións ao lector). 3. Fai unha constante mestura de humor e medo, e tamén mestura a realidade
con elementos fantásticos e máxicos. 4. Recrea a fala das terras luguesas que coñece reproducindo os seus trazos dialectais, os seus xiros, etc.
5. Todos os contos adoitan comezar cunha fórmula introdutoria que establece unha localización espazo-temporal (máis ou menos precisa)
desenvolvéndoos dunha forma lineal e rematando estes cunha sentenza de
carácter didáctico. A obra máis coñecida é Á lus do candil. Está composta por 15 contos que catro fidalgos e catro criados illados pola neve nunha vella torre das montañas do Courel narran para pasar a noite, utilizando unha técnica semellante a do Decamerón (todos os contos están relacionados co anterior). Ademais destacan outras obras súas como Terra brava - Contos de Solaina. Nestaobra inclúe contos que un narrador protagonista atopa nun vello cartafol escrito polo seu padriño. Os temas son os mesmos que aparecen en Á lus do candil (costumes, vivenda, paisaxe, economía, etc.); Contos da Néboa son 20 relatos de misterio e
teñen como particularidade que están ambientados na cidade de Lugo e nas outras vilas da provincia (espazo urbano); e Historias que ninguén cre son contos dispersos e dispares que aparecen publicados anteriormente nalgunha das obras anteriores. Os contos de Fole caracterízanse polo seu humor e polos seus temas misteriosos e esotéricos ao xeito da narrativa tradicional oral galega. Neles hai aparicións, premonicións, telepatía e medo, igual que nos contos de Poe (do que é un gran admirador). A lingua é coloquial, chea de dialectalismos e coloquialismos propios da zona sur de Lugo.