Teatro galego no exilio: Castelao, Blanco Amor, Seoane e Varela Buxán
O Teatro Galego na Diáspora
Na posguerra conviven dúas propostas teatrais:
- Unha de carácter popular, enxebrista e costumista, seguida por Varela Buxán e outros. Pretende evocar a terra propia e manter o orgullo da colectividade galega.
- Unha segunda que procura que as obras sexan universais, nin exclusivas nin características do pobo galego.
Alfonso R. Castelao
Culmina no exilio o labor de renovación levado a cabo no primeiro terzo do século XX polas Irmandades da Fala e o Grupo Nós: combina expresionismo, simbolismo, humorismo e folclore; introduce o protagonista popular; e o teatro convértese nun espectáculo integral (texto, escenografía, música e danza).
Os vellos non deben de namorarse foi estreada no exilio bonaerense, no Teatro Mayo...