Literatura galega: normalización lingüística, Xeración da Guerra Civil e Escola da Tebra
Unidade 9: Linguas, situación sociolingüística e legal
As linguas presentan unha sorte diversa desde o punto de vista sociolingüístico e legal. Algunhas son oficiais e protexidas e promovidas polos estados, mentres que outras sofren restricións nos seus usos.
Tipos de linguas según a súa situación
- Minoritaria: conta cun número reducido de falantes (o islandés, con cerca de 200.000). Goza de situación de normalidade, é oficial, é usada pola poboación en calquera contexto e non compite con outra.
- Minorizada: é unha lingua de menor categoría social, non se desenvolve con normalidade e atópase nunha situación de inferioridade ao restrinxirse os seus usos.
Viabilidade e graos de vitalidade
- En proceso de normalización: recuperan ámbitos