Poesía Galega Contemporánea: Autores, Obras e Planificación Lingüística
Poetas da promoción de enlace
Denomínase así un grupo de escritores nados arredor dos anos vinte do século pasado que supuxeron un nexo de unión entre os poetas anteriores e os máis novos que os seguiron no tempo. Os máis importantes son:
- Antonio Tovar: Conxugou a intención social xunto cos poemas de corte intimista nos seus libros Arredores (1962), Non (1967), Calados esconxuros (1980) e A nada destemida (1991).
- Luz Pozo Garza: Escribe unha poesía que dialoga co pensamento clásico e mais coa tradición poética galega previa, con altas doses de intimismo, existencialismo e culturalismo. Publicou Concerto de outono (1981), Códice calixtino (1991) ou Vida secreta de Rosalía (1996), entre outras moitas obras.