Os cambios na agricultura
O primeiro cambio importante foi a introdución do sistema Norfolk, que substituía ao sistema medieval da rotación trienal e permitía que toda a terra sempre tivese produción, ben de cereais para o consumo humano ou para o gando.
O segundo cambio foi a transformación na propiedade da terra. Ata agora, esta atopábase nas mans da nobreza, que non a explotaba, ou eran terras comunais abertas que non se aproveitaban por dúas razóns: os campesiños tiñan dereito soamente a unha porción das mesmas, que adoitaban ser pequenas e estar dispersas, e ademais non tiñan cartos.
A burguesía, a través do parlamento, conseguiu aprobar as “Leis de cercamento”, nas que esas terras saíron á venda e foron compradas pola...