Variedades dialectais do galego: fenómenos e bloques lingüísticos
Variedades Dialectais ou Diatópicas
As variedades dialectais son manifestacións da fala que varían segundo a súa distribución xeográfica. Os estudos recentes de dialectoloxía galega sosteñen que as diferenzas diatópicas da nosa lingua son pequenas. Por iso, non se debe falar de dialectos dentro do galego, senón máis ben de falas caracterizadas por determinados trazos que conforman tres grandes bloques.
No segundo dos traballos, o de F. Fernández Rei, fálase de tres bloques lingüísticos: o bloque occidental, o central e o oriental.
A xeografía lingüística do galego non coincide coas fronteiras administrativas da Comunidade Autónoma de Galicia. Así, no galego oriental, a lingua penetra no occidente de Asturias ata o río Navia,...