Localismos e dialectalismos do galego: variantes fonéticas, morfosintácticas e áreas dialectais
Hai localismos léxicos, palabras propias dunha zona que non se usan noutras pero que son admitidas na lingua estándar: golpe (raposo). E hai variantes dialectais, dialectalismos, que non son recollidas na lingua normativa.
Rasgos fonéticos
Son fonéticos:
- O seseo: sapato, lus, por zapato, luz
- A gheada: ghato, reghalo, por gato, regalo
- O ditongo -ui-: truita, muito, por troita, moito
- As formas en cua ou gua: cuando, guardar, por cando, gardar
Rasgos morfosintácticos
Son morfosintácticos:
- Os plurais de formas con -ns: cas (caes/cais) ou ladrós (ladrois), para cans, ladróns
- As formas en -án e -á: o irmao / irmau, o irmá, a irmán, fronte ao normativo o irmán, a irmá
- Os demostrativos: iste, ise, aquil, eso, fronte a este, ese, aquel, iso
- As terminacións