O Racionalismo de Descartes: O Método Cartesiano e a Dúbida Metódica
O Racionalismo e o Método Cartesiano
René Descartes é un dos máximos expoñentes do racionalismo, unha corrente de pensamento xurdida en Francia no século XVII. Considera que a razón é a principal fonte de coñecemento e defende a existencia de ideas innatas. Descartes necesita un coñecemento seguro; o método cartesiano é o propio das matemáticas, un sistema axiomático que require duns primeiros principios. O autor parte da estimación de que o método matemático debe ter un valor universal. A reacción cartesiana contra o escepticismo e o seu interese pola ciencia implican o afianzamento na busca da verdade, rexeitando o erro.
Descartes procura chegar a unha primeira verdade. Para conseguilo, propón as catro regras do método para...