Fenómenos vocálicos orais en galego: metafonía, harmonización e labialización
♫Algúns fenómenos orais que afectan ao vocalismo
•No vocalismo tónico é característica a metafonía, que consiste no pechamento ou abertura das vogais medias tónicas por influencia dun fonema /o/ ou /a/ ao final da palabra.
•No vocalismo átono son comúns algúns fenómenos de vacilación vocálica:
→ Harmonización vocálica
As vogais tónicas /ú/ e /í/ e mais o ditongo /éi/ tenden a pechar as vogais átonas de abertura media da sílaba precedente (fuciño, anduríña, pidir, rigueiro, cireixa, piquiniña por fociño, andoriña, pedir, regueiro, cereixa, pequeniño).
→ Labialización
Altérase en /o/ unha vogal cando vai en contacto con consoante labial ou labiodental: lovar, somana, formento (por levar, semana, fermento).
Outros...